Resultados

Resolución definitiva das prazas para o CGTD

No día de onte facías pública a Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se formula a proposta de resolución definitiva das prazas concedidas para o grupo de tecnificación e rendemento ao abeiro da Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/2023, e se procede a súa convocatoria.

Para este novo curso académico,  a relación de atletas galegas e galegos admitidos nas distintas modalidades é a seguinte:

Grupo de Técnificación

  • Aixa Corbacho V. (Nova)
  • Erika Martínez T. (Nova)
  • Blanca Pereira R. (Renova)
  • Fernando Vallines F. (Nova)

Grupo de Rendemento en réxime externo

  • Xiana Lago A.  (Renova)

Resolución Grupo de Tecnificación

Resolución Grupo de Rendemento

Compartir: