A Selección Galega Sub18 viaxa a Pucela

A Dirección Técnica, en base ás consultas realizadas cos distintos responsables dos sectores, ven de convocar a un total de 20 atletas que formarán parte da Selección Galega que compita no vindeiro Campionato de España Sub18 de Seleccións Autonómicas.

Será o día 4 de xuño cando Valladolid acolla esta importante cita estatal na que a nosa Selección intentará mellorar o cuarto posto logrado na edición do ano pasado en Granollers, na que tan só uns poucos puntos impedironna estar no podio.

Para esta ocasión un importante combinado acude ás pistas de Pucela a cuxo fronte sitúase a internacional e plusmarquista nacional de pista cuberta nos 1.500 e 3.000 m. Xela Martínez quen tomará parte nos 800 m. estando acompañada pola súa compañeira de adestramentos e medallista no último nacional de marcha Aldara Meilán.  Xunto ás lucenses poderemos ver sobre o dobre hectómetro á medallista nacional de pista cuberta Sub18 e plusmarquista galega Ainhoa Repáraz do Val Miñor quen recemente estreaba internacionalidade.

Por parte do Atletismo Femenino Celta acuden ca selección a subcampioa de España de pista cuberta de Pentathlon deste ano Carlota Salgado e Lisa Vosberg bronce nacional Sub16 no 2021, quenes se encargarán de cubrir as probas dos 100 valos e da pértega respectivamente.

Nesa lista de convocadas tamén figura o nome da campioa de España de lanzamentos longos de inverno de menores-2022 Blanca Pereira do Ourense Atletismo a quen veremos sobre o círculo de disco

A proba de relevos dos 4×400 verase reforzada ca inclusión específica das atletas África Gómez do Ourense Atletismo e Alicia Barreiro do Ría Ferrol quen lograba o ano pasado o terceiro lugar no estatal Sub16 sobre os 300 m.

Para rematar, non menos importante resulta a convocatoria dos Top10 do ranking nacional Sub18 actual, entre quenes se atopan Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá no lanzamento de peso, Hugo Fernández do Club Atletismo Sada en martelo e Laura Rico do Ría Ferrol no concurso de xavelina.

Compartir: