Resultados en directo

A Deputación da Coruña premia aos seus gañadores e gañadoras

Non descubrimos nada novo ao salientar que o apoio dos organismos públicos á promoción e desenvolvemento das distintas actividades deportivas constitúe un factor imprescindible para lograr os seus principais fins e propósitos.

Neste sentido tanto a Xunta de Galicia como principal patrocinadora, como as catro Deputacións provinciais así como os distintos Concellos, entre outros, veñen apostando básicamente a nivel económico por unha maior presenza do noso deporte en todos os recunchos da nosa comunidade.

Neste aspecto as Deputacións galegas veñen fomentando diversas actividades que en distintos formatos e modelos, ofertan unha ampla e importante axenda competitiva centrada básicamente nas categorías base do noso deporte.

Recentemente a Deputación da Coruña subvencionaba catro xornadas que baixo e denominación de ¨Probas de atletismo en Pista Deputación da Coruña¨ percorreron os Concello de Ribeira (14 de novembro), A Pobra (21 de novembro) Bastiagueiro (11 de decembro)  e Noia (26 de decembro) ofertando unha ampla gama de probas ao aire libre para as categorías Sub10 e Sub12.

A ampla participación de rapaces e rapazas nestas probas fixo que fora todo un éxito no tocante ao número de inscritos cuxos gañadores e gañadoras terán o vindeiro día 22 (en lugar e hora por concretar e das que informaremos proximamente) a súa xusta e merecida premiación.

Streaming Entrega Premiacións

Premios Atletismo Deputación da Coruña

 

Compartir: