Resultados

Presentouse no día do hoxe o Campionato de Galicia de Trail

No día de hoxe tivo lugar a presentación do Campionato de Galicia de Trail que se desenvolverá o vindeiro día 17 de abril na Pobra do Caramiñal

A presentación afectuose no mesmo circuito de celebración do campionato acudindo ao mesmo a Concelleira de Deportes, Educación e Medio Ambente de A Pobra do Caramiña Genobeba Hermo, a do Presidente da FGA Isidoro Hornillos a do Delegado da FGA en Santiago Iván Sanmartín e a do Presidente da A.D. Barbanza Pepe Moure

Esta proba que conta con carácter individual e por equipos, chega a súa sétima edición con cada vez máis importancia e máis demanda logo do seu recoñecemento  coma nova especialidade atlética no pasado Congreso da World Athletics WA do ano 2015 celebrado en Pekín.

Por tal motivo, este ano a proba terá un marcado carácter especial xa que, que a selección galega de atletismo debutará no Campionato de España de Trail Runing que se vai desenvolver o 7 de maio en Berga (Barcelona). Todo elo vai dar pé a que este campionato autonómico sirva para confeccionar a Selección Galega que represente a nosa Comunidade no citado Campionato de T.R sumándose así ás distintas seleccións galegas oficiais de atletismo nas modalidades de campo a través, pista e ruta.

Proba esixente

A proba celebrarase como nos últimos catro anos con saída do  Mirador da Curotiña (A Pobra do Caramiñal) discorrindo por un circuito de 25,44 Km. esixente pero de fermosas e expectaculares contornas

Nos últimos anos a proba foi domiñada na categoría masculina por Rubén Martínez (gañador das edicións do 2019 e 2021) e na feminina por Eva de La Fuente (2017 e 2021).

Inscripcións

Poderán inscribirse no campionato todos aqueles e aquelas que teñan ficha pola FGA neste 2022 desde a categoría Sub20. O prazo de inscripción estará aberto ata as 20.00 horas do día 11 de abril.

Compartir: