Resultados en directo

A Xunta recibe aos nosos e nosas plusmarquistas mundiais

Esta mañá fíxose entrega na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia dos diplomas oficiais expedidos pola European Másters Athletics que acreditan os últimos récords do mundo da categoría máster batidos por atletas galegos.

Ata a capital galega acudiron a recibilos Esther Pedrosa, quen o fixo por partida dobre sobre as probas dos 800 m. e 3.000 m., e os integrantes do relevos 4×800 m. formado por Pablo Fervenza (Samertolameu), Domingo Álvarez (Burgas Ourense), Nemesio Gutiérrez (Atletismo Friol) e Xosé Luís Otero Cepeda (Atletismo Santiago).

Todos eles recibiron de man do Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete tanto os mencionados diplomas, como unhas palabras de recoñocemento aos grandes logros colleitados recentemente por parte destes atletas, e que confirman o excelente nivel e estado de forma do atletismo galego máster.

Compartir: