Escaríz e Chamosa cumpren os pronósticos en A Pobra

Como era de agardar Carmen Escaríz do Ourense Atletismo cun rexistro de 46:01 e Daniel Chamosa da Gimnástica de Pontevedra, con 41:22 proclamáronse no día de hoxe, campións galegos e galegas absolutos de marcha en ruta na edición desenvolta no Concello de A Pobra do Caramiñal e correspondente ao campionato autonómico da modalidade.

Os principais favoritos cumpriron cos pronósticos domiñando de forma clara a proba absoluta dos 10 km. que baixo un día propicio a nivel atmosférico para o desenvolvemento deste campionato, estiveron acompañados no podio na categoría femenina polas atletas Sub18 Oleksandra Kostenko e Aldara Meilán da Atlética Lucense e polos máster Juan Manuel Morales do Marineda Atlético e José Fernández do Real Club Celta na categoría masculina.

Cabe salientar durante o transcurso do campionato, o récord galego Sub14 da marchadora do San Miguel de Marín Sabela Castelo quen invertiría un crono de 9:38 sobre aproba dos 2 km. deixando moi boas sensacións. De igual modo récord galego tamén na categoría máster 50 para a marchadora do Ourense Atletismo María Soledad Pousa sobre os 10 km. cun rexistro oficial de 1h.04.03. e para Manuel Polo do Atletismo Narón na categoría máster 45 con 50:05

No resto de categorías os campións galegos e galegas desta edición foron os seguintes:

• Absolutos: Carmen Escariz do Ourense A. e Daniel Chamosa da S. Gimnástica
• Sub23: Andrea Ríos do At. Cuntis e Roi Surribas do At. Santiago
• Sub20: Rita Vázquez do Ourense At. e Ismael Díaz do Marineda At.
• Sub18: Oleksandra Kostenko e Pablo Sánchez da At. Lucense
• Sub16: Claudia Sufuentes da At.Lucense e Andrés González do R.C.Celta
• Sub14. Sabela Castelo do S.M. de Marín (RG) e Tomás Bautista do At. Porriño
• Sub12. Alicia Espina e Antón Díaz do At. Narón
• Sub10. Jannat Duque do At. Cuntis e Leo Cernadas da Gimnástica
• Máster 35. Carlos Morales do Ourense At.
• Máster40. Juan Manuel Morales do Marineda At.
• Máster45: Emilia Rodríguez do Trega e Manuel Polo do At.Narón (RG)
• Máster 50: Mª Soledad Pousa do Ourense At. (RG)

Resultados

Compartir: