Resultados en directo

Esther Pedrosa amplía o seu palmarés cun récord mundial

O atletismo máster galego volveu  escribir esta fin de semana unha nova proeza da man da santiaguesa Esther Pedrosa.

Producíase na pista cuberta de Antequera durante o transcurso dunha competición oficial na que a atleta de Playas de Castellón tomaba parte sobre a proba dos 3.000 m.  Desde xa o primeiro momento, e sabedora do bo estado polo que se atopa, Pedrosa efectuaba os tempo de paso cuns  rexistros que facían presaxiar algo importante ao final da proba.

A súa marca de  11:11.26 confirmaban esas sensacións, convertíndoa na nova plusmarquista mundial da distancia logo de mellorar os 11:16.54 da xermana Lidia Zentner efectuados no ano 2014.

Esther acumula, ademáis do seu flamante récord mundial, outros importantes rexistros como son os 14 récords de España vixentes así como unha importante cantidade de títulos e podios tanto a nivel nacional como internacional pola que sería recoñecida xa no ano 2018 ca distinción de mellor atleta nacional máster pola RFEA

Galegos/as con récords mundiais na actualidade (ata outubro 2021)

Pista Cuberta
M-60 Esther Pedrosa 3000 m.l. 11:11.16 2021
Aire Libre
W-50 Felicea Tilea Xavelina 47.53 m. 2018
M-75 Pepín Rioseco 800 m.l. 2:30.59 2016
M-80 Pepín Rioseco 800 m.l. 2:41.59 2021
M-75 Pepín Rioseco 1.500 m.l. 5:11.27 2018
M-75 Pepín Rioseco 2.000 Obst. 8.29.26 2019
M-80 Pepín Rioseco 1.500 m.l. 5:30.89 2016
M-80 Pepín Rioseco Milla 5:56.93 2021
M-85 Julián Bernal 3.000 m. 14:13.4 2005

 

Compartir: