Xela e Antía lideran a Galicia no nacional Sub16

Un total de seis medallas, vinte postos de finalistas, un récord de España e tres récords de Galicia, foi o balance das atletas galegas e galegos que tomaron parte no Campionato de España Sub16 esta fin de semana en Lleida.

Novamente Xela Martínez convertiuse na gran protagonista do campionato logo de invertir un rexistro de 4:42.82 na proba dos 1.500 obstáculos no que que ademáis de convertila moi destacadamente en campioa nacional, facían que lograse unha nova plusmarca nacional que engadir ás que este mesmo establecía na pista cuberta tanto nos 1.000 m. con 2:49.81, como na dos 3.000 m. con 9:28.34.

Moi destacado tamén foi o título nacional na proba dos 100 m. de Antía Pernas do Lucus Caixa Rural quen ademáis lograba un novo récord galego Sub16 con 12.33 que a configuran como un novo talento emerxente neste sector que está a experimentar un forte medre nos últimos anos.

Seguindo cas carreiras a ferrolá do Ría Alicia Barreiro lograba unha estupenda medalla de bronce sobre a proba dos 300 m. con 41.16 que mellora o seu cuarto posto do nacional de pista cuberta sobre os 600 m. deste ano. Novamente Lisa Vosberg do AVA lograba un novo metal nun campionato de España logo do seu bronce na pista cuberta deste ano, repetindo medalla e saltando ata os 3.30 m. que confirman a súa excelente progresión.

Xa nos concursos, o sector de lanzamentos deixaba importantes resultados nesta cita cas dúas medallas de bronce logradas tanto por parte da campioa galega Sub16 en disco e peso Gema Dacosta do Vila de Cangas quen sobre esta última proba, e cun mellor lanzamento de 13.10 m., lograba o metal, como por parte do campión galego deste ano Enzo López da A.Barbanza, que facía o propio na xavelina lanzando ata os 47.89 m.

Outro dos récords galegos Sub16 virían da man do atleta da Sociedad Gimnástica Matías Moldes sobre o concurso de combinadas,  logo de rematar cunha puntuación total de 4.401 p. e un notorio cuarto lugar

De igual modo foron moi salientables o resto de actuacións das nosas e nosos representantes entre os cales citamos os destacados postos de Valeria González do A.F. Celta sobre os 300 m;  Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense nos 3.000 marcha, Teo de Frutos e Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural sobre os 3.000 m. e os 100 valos;   Lara Iglesias e Adriana Rial do Samertolameu en xavelina e 300 m. e a de Celia Castro da A.A. Mazí sobre a proba dos 600 m. os cales estiveron rozando os postos de podio deste nacional.

Compartir: