Resultados

Importantes bazas galegas no nacional Sub23

A localidade alacantina de Nerja recibe esta fin de semana a disputa da trixésima sexta edición do Campionato de España Sub23 de aire libre á que acuden unha importante presenza de 21 galegas e 13 galegos dun total de 613 atletas incritos.

Importantes bazas

Por rexistros acreditados destacamos no sector de valocidade a participación da paralímpica e recente campioa de Europa dos 100 m. e dos 400 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural, quen estará tomando parte no hectómetro e dobre hectómetro probas nas que lograba sendos bronces  no nacional do ano pasado. Pola súa banca na categoría masculina, Victor Mosteiro do A. Santiago tomará a saída nos 100 m. e nos 200 m. proba esta última, onde que ten serias opcións de acceder á final.

Nos 400 contaremos ca presenza de tres galegos onde Jacobo Soler do Rías Baixas, logo que sorprendernos a todos na pasada xornada na liga de clubs cos seus 47.78,  sitúase na loita directa polos postos importantes da proba. Xunto el estarán Gabriel Dos Santos do Atletismo Narón e Kristian Krasnov do Atletismo Sada

Interesantísima proba a que presenciaremos nos 800 m. na que toman parte nada menos que o subcampión de España Elian Numa do Coruña Comarca con 1:47.87 e o recén chegado de USA Pedro Osorio do Ría Ferrol con 1:48.37 e cuxos rexistros colocannos na loita polas medallas da proba. Sobre a mesma distancia Raquel Meaños acude ca oitava mellor marca das participantes sendo un dos seus obxectivos intentar estar por debaixo dos 2:12

Lucía Ribadulla do Ría Ferrol tomará a saída nos 400 valos na procura de rebaixar o súa MMT de 1:01.63 e mellorar o cuarto posto acadado no seu último nacional Sub20.

No foso de triplo Alex Barreiro do Lugo Runing intentará reeditar o podio do pasado campionato de pista cuberta na que lograba a prata con 15.09 (MMP) Pola súa banda Uxía Paz do A.F.Celta acude nun excelente momento de forma logo de que conseguira a súa MMP na última xornada de Liga con 12.22 m. e que a sitúan nos posto de loita polas medallas.

Outra das nosas estudantes USA chegadas recentemente, Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta tomará parte no concurso de lonxitude do que no ano 2019 fora subcampioa nacional na Sub20

Nos lanzamentos Marcos Bouza fará valer os seus 45.87 m. en disco para estar nos postos da final o mesmo que María Ezquerro do Atletismo Sada con seus 38.96 m. O céltico Yago Araujo moi motivado despois do seu triunfo na liga de clubs, intentará loitar por un dos metais en martelo.

A xavelina como ben sendo habitual centrará boa parte da atención xa que sobre a zona de lanzamento contamos con cinco atletas clasificadas para esta final. A subcampioa nacional Ivanna Carolina Román do Ria Ferrol, parte como favorita ao título nacional grazas aos seus ¨casi¨ 49 metros  e onde Andrea González da Gimnástica loitará por postos de podio. Claudia Puig da Gimnástica, Andrea Botella do C.A. Santiago e Uxía Sureda do Lucus Caixa Rural, completan o elenco de lanzadoras galegas nesta final.

Nas combinadas, participación da campioa de España Sub23 do Super Amara Eva Queimaño quen defende sobre o sintético malagueño do ¨Enrique López Cuenca¨ o seu título nacional.

Para rematar a marchadora internacional e campioa de España absoluta da Gimnástica Antía Chamosa, parte como clara favorita nesta proba da que intentará mellorar o subcampionato do ano pasado en Sevilla.

 

Compartir: