O atletismo galego adaptado triunfa nos Campionatos de Europa

Do 27 de maio ao día 6 de xuño , disputouse na localidade polaca de Bydgoszcz o Campionato de Europa Absoluto de Atletismo Adaptado donde competiron as e os mellores atletas europeos absolutos.

A selección española acudíría a esta cita cun importante número de atletas que ademáis das medallas, buscaban a súa clasificación para os Xogos Paralímpicos de Tokio voltando cun balance total de 27 medallas (5 ouros, 12 pratas e 7 bronces).

Por parte do noso atletismo federado acudían a cidade polaca Adi Iglesias, Susana Rodríguez e Jairo Salgueiro

Novamente Adi Iglesias, faría  valer a súa enorme calidade para lograr o título europeo nos 100 m. que gañaría cun crono de 12.08. A lucense quen non puido tomar parte nos 200 m. por ter cambiado de categoría (T11 a T13), viuse obrigada a encarar os 400 m. onde os resultados non puideron ser mais satisfactorios xa que ademáis de gañar a proba, establecía un novo récord de Europa con 55.70 e o seu pase directo aos Xogos Olímpicos de Tokio.

A Doutora Susana Rodríguez pola súa banda, lograba novamente un extraordinario resultado sobre os 1.500 m. na categoría T11, onde se proclamaba subcampioa de Europa cun rexistro oficial de 5:03.60

Por último o coruñés Jairo Salgueiro regresaba de Polonia cun sétimo posto no concurso de lonxitude con 6.25 m. así como o seu posto de semifinalista na proba dos 100 m. cun crono de 12.13

Compartir: