A Selección Galega Sub18 roza o podio en Granollers

Excelente papel o desenvolto no día de onte pola Selección Galega Sub18 durante a disputa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas disputado en Granollers onde loitaron dun xeito admirable ata o remate do torneo.

A Selección repetiría o cuarto poto logrado o ano pasado en Pamplona quedando nesta edición novamente ás portas do podio nun torneo gañado pola Selección Catalana e a que concorrían un total de dazasete seleccións.

Por parte da selección galega, sería a lanzadora Marta Neira quen no concurso de martelo lograba o único triunfo para Galicia logo de lanzar ata os 57.96 m.

De igual modo ocuparon postos salientables Pedro Vázquez quen entraba na segunda posición nos 3.000 m. cun rexistro de 8:43.87 e Nico Ortega en disco con 48.58 m. Mesmos postos para Ainhoa Reparaz nos 100 m. con 12.23 e para a lanzadora Xiana Lago en peso 13.56 m.

David Vicente pola súa banda nos 110 valos con 14.52 e Enma Sihuang en altura con 1.70 m. lograban ocupar terceiros postos nas súas respectivas actuacións.

Resultados

Compartir: