Obxectivo: diversión e aprendizaxe

Esta fin de semana, as Pistas de San Pablo en Sevilla acollerán o VI Campionato de España Sub14 individual organizado pola Federación Andaluza de Atletismo. A xornada de sábado será de mañá (de 10:30 a 13:15 horas) e de tarde (de 18:00 h a 20:15 horas) e a de domingo só matutina (de 10:00 h a 13:10 h). Esta cita poderémola seguir en directo a partir das 10.45 horas do sábado

O sistema de competición será a de formato triathlón, existindo cinco grupos de cada un dos cales sairá un campión e unha campioa, por táboa de puntuación de marcas.

  • Triathlon A: 80 m./80 valos/Peso
  • Triathlon B: 1000 m./Lonxitude/Xavelina
  • Triathlon C: 80 valos/Altura/Lonxitude
  • Triathlon D: 80 m./Peso /Disco
  • Triathlon E: 2.000 marcha/80 m/Xavelina

Presenza galega

Ata a cidade andaluza desprazaranse un total de doce dos nosos e nosas atletas que a bo seguro aproveitarán esta fantástica oportunidade competitiva para adquirir máis e mellores aprendizaxes e experiencias. De igual modo este evento suporá unha importante motivación a todo o seu gran traballo e esforzo realizado durante este ano.

Compartir: