Resultados

As máster galegas e galegos a por medallas en Sabadell

Cita importante en Sabadell para os máster galegos e galegas esta fin de semana, donde tomarán parte nos Campionatos de España das súas categoría nas disciplinas de Milla, 10.000 m. Probas combinadas e Pentahlon de lanzamentos.

Competirán un total de dezaseis atletas entre quenes figura a plusmarquista española e asidua nos podios internacionais Esther Pedrosa quen loitará por reeditar e engadir un novo título máis ao seu amplo palmarés.

Rubén Diz do Ourense Atletismo será outro dos galegos importantes que estará tomando parte sobre a proba dos 10.000 m. na defensa do seu último título logrado no 2019 en Madrid.

De igual modo compre salientar a participación dos especialistas en combinadas Carlos Ferrer do Atletismo Narón e Cristina Estévez do Atletismo Femenino Celta, os cales lograban o subcampionato nacional das súas categorías na última edición.

Por último Ana María Abuín da Atlética A Silva completa a relación de medallistas que repiten neste campionato, tomando parte no concurso de Pentathlon de lanzamentos da que é medallista de bronce.

A maiores, José Fernández Sangiao do Verxel Nutrición na proba de milla, José Benito Gómez do Ourense Atletismo nos 10.000 m. e Javier Viteri do Samertolameu no concurso de Pentathlon de lanzamentos, competirán por mellorar os postos de finalistas colleitados na última edición.

Compartir: