Importante segunda xornada de Liga nacional

Novamente toda a emoción do Campionato de España de clubs chega esta fin de semana a súa segunda xornada.

Na División de Honra, tanto RIA Ferrol como Sociedad Gimnástica de Pontevedra tomarán parte nun encontro moi importante onde o principal obxectivo volve ser  evitar o último posto do grupo e sumar cantos puntos se poida de cara ao terceiro e decisivo encontro do vindeiro día 12 e 13 de xuño. Para elo será preciso encaixar un bo encontro no que podería caber a posibilidade de que ambos se clasifiquen para a Fase do Titulo.

Emparellamentos

O equipo masculino da Sociedad Gimnástica, viaxa ata Soria para enfrontarse aos locais do Atlético Numantino e ao A.D. Marathon así como ao potente F.C.Barcelona. O obxectivo pontevedrés pasa por sumar unha victoria fronte os madrileños do Marathon quenes non fixeron un bo primeiro encontro e pelexar fronte aos anfitrións.

Pola súa banda das ferrolás do RIA, visitarán a pista do potente Playas de Castellón onde ademáis competirán contra as catalanas de L´Hospitalet e as malagueñas do Cuevas de Nerja rivais estas dúas últimas, a quenes terán as departamentais no punto de mira.

Xa na primeira División, o Atletismo Feminino Celta, quen encaixara unha última posición no seu primeiro encontro, vese na obriga de facer unha boa segunda fase. Xogará ao seu favor o factor pista, xa que será Balaidos quen acolla este encontro e quen reciba as insulares do Tenerife Cajacanarias, e ao Bidezabal Durango. O equipo feminino da Sociedad Gimnástica será o cuarto equipo que tome parte neste encontro disposto a meterse no grupo de loita polo ascenso logo do seu excelente resultado da primeira xornada.

Seguindo nesta primeira división, un motivado equipo masculino do Real Club Celta acude con catro puntos a este cadrangular, desprazandose ata pucela para enfrontarse aos locais do C.A. Valladolid. Xunto eles estarán os valencianos do C.A Safor-Teika e os oscenses do Hinaco Monzón. O obxectivo será o de repetir o éxito do primeiro encontro que lles permita clasificarse e loitar polo ascenso a División de Honra.

Tres equipos galegos loitarán polo ascenso a Primeira División

Do mesmo modo a RFEA daba a coñocer no día de hoxe os equipos clasificados por estadillo para tomar parte no Campionato de España de Clubs de Segunda División. Na relación figuran os conxuntos do Club Atletismo Narón e o Club Atletismo Santiago na categoría masculina así como o ADAS Proinor na femenina, quenes deste xeito, poderán loitar por unha das dúas prazas que dan o ascenso a primeira división.

Compartir: