Resultados en directo

José Antonio Álvarez recibe o recoñecemento do seu club

Esta pasada fin de semana, o presidente do Club Ourense Atletismo, José Antonio Álvarez Pérez recibiu por parte de atletas, adestradores e membros da súa propia entidade, un ¨sorpresivo¨ recoñecemento.

Foi durante a segunda xornada da copa Deputación cando outro histórico membro da entidade Julio Rodríguez, faría entrega dunha placa e lería un comunicado no que se amosaba a gratitude por todos estes anos de adicación e traballo a prol do principal proxecto atlético da cidade ourensá

José Antonio Álvarez leva dende os primeiros comezos e etapas da entidade desenvolvendo varios cometidos. Durante o periodo dos maiores éxitos do club (ca denominación de Ourense Atletismo-Grupo Academia Postal) foi membro directivo, para con posterioridade acceder á presidencia nun remodelado proxecto que durante estes últimos dazasete anos, e grazas a un traballo tenaz e constante dun importante equipo, volvería a colocar a entidade das Burgas entre as mellores do atletismo galego.

Compartir: