Os clubs galegos á procura dun bo comezo na Liga nacional

Despois dunha importante fin de semana na que os equipos galegos puxeron a punto a súa engranaxe durante a disputa do Campionato de Galicia de Clubs, chega novamente toda e amoción da liga pero desta vez no seu formato Estatal.

Serán catro os equipos galegos quenes den comezo as súas competicións tanto na División de Honra como Primeira División

Ría Ferrol e Sociedad Gimnástica na División de Honra

 O Ria Ferrol en mulleres e a Sociedad Gimnástica en homes son os dous equipos galegos que militan na máxima categoría nacional. As ferrolás darán comezo o seu Campionato Liga Iberdrola o sábado día 24 no encontro D onde disputarán os puntos ao Grupompleo Pamplona, Super Amara BAT e as locais do Atletismo San Sebástián. Pola súa contra os pontevedreses viaxarán ata terras navarras para medirse aos equipos da Real Sociedad, Grupompleo Pamplona, e os oscenses do Atletismo Intec-Zoiti.

En ambos casos neste primeiro encontro, os intereses pasan por evitar a toda costa un último posto que lles impida ir sumando puntos de cara as seguintes fases. Os dous equipos, moi experimentados nesta categoría, lograban a pasada edición solventar eficazmente a última fase de permanencia cun segundo posto para as departamentais e un terceiro para os do Lérez

Unha primeira División moi igualada

Os equipos femininos do Atletismo Femenino Celta e Sociedad Gimástica, xunto ao masculino do Real Club Celta serán os representantes galegos na Primeira División.

Precisamente os célticas debutarán este sábado en Madrid xunto ás locáis do Atletismo Alcorcón, as andaluzas do Bahía de Algeciras e as tamén madrileñas do A.D. Sprint. Pola súa banda as gimnásticas viaxarán ata Gijón para medirse ao Pielagos, ao Oviedo Atletismo e las locais do A.D. Gijón. Os obxectivos pasan en ambos casos por intentar manter sen demasiados agobios esta categoría e mesmo acceder á fase de ascenso como xa fixeran as viguesas na última edición celebrada en Valladolid na que lograban un meritorio terceiro posto

Na catefgoría masculina, o Real Club Celta viaxará ata as pistas ¨Ciudad de Salamanca¨ para enfrontarse en terras castelás aos locais do Atlético Salamanca, aos vascos do Atlético San Sebástián e aos asturianos do Universidade de Oviedo.

Sistema de competición

A competición desenvolverase en tres xornadas ao aire libre en xornada de tarde. Nas dúas primeiras xornadas (24 de abril e 8 de maio) os equipos distribuiranse en catro encontros cuadrangulares a dous atletas por proba clasificándose segundo os resultados destas dúas xornadas para a terceira xornada en dous encontros octogonais (un polo título e outro pola permanencia) a un atleta por proba.

Foto: Luis Tojal do Facebook da SGP

Información División de Honra

Información Primeira División

 

 

 

Compartir: