XXXII C. Xunta de Galicia de Clubs – O Barco de Valdeorras
Control de Marcha – O Barco de Valdeorras
1º Control FGA – Delegación Lugo

O Trail Running gaña terreo

Tres provincias da nosa comunidade forman parte do proxecto de creación da Rede Estatal de Instalacións Permanentes de Trail Running acreditadas pola RFEA.

O obxectivo deste proxecto ¨ é a creación en tres anos dunha rede de 50 instalacións permanentes en España de Trail Running Centers (TRC) e convertelas nos destinos de referencia nacionais para a práctica non competitiva deste deporte. Nestes intres, atópase preto de alcanzar o 50% do seu obxectivo, un fito ao que se chegaría en apenas seis meses desde o seu lanzamento¨ sinalan na RFEA

A rede recolle a esencia deste deporte, mediante roteiros sinalizados especificamente para Trail Running, e cunha gran variedade técnica e paisaxística:

  • Alta, media e baixa montaña
  • Bosques e chairas
  • Dunas e praias

As instalacións permanentes de Trail Running ( TRC) permiten aos seus usuarios adestrar sen masificacións, e practicar este deporte de forma segura, con roteiros adaptados a diferentes niveis de dificultade.

Este proxecto continúa a súa expansión e conta xa con 22 centros, dos cales tres están finalizados e os outros 19 en construción.

Nun momento en que o Trail Running está en auxe e ante a situación de pandemia que estamos a vivir, este tipo de instalacións turístico-deportivas son un mecanismo moi útil para promocionar e reactivar máis que nunca os concellos baleirados, fomentando de igual modo, o turismo deportivo.

Vídeo presentación

Provincia Municipio Zona Promotor Estado
Ourense Castro Caldelas Ribeira Sacra Concello Castro Caldelas En construción
Lugo Folgoso do Caurel Serra do Courel Concello Folgoso do Courel En construción
A Coruña Cariño Rias Altas Concello de Cariño En construción

Compartir: