Resultados

Murcia e Almodóvar del Río sede da marcha e do campo a través

Murcia, volve a colocar a marcha no epicentro do calendario ca celebracón este domingo do Campìonato nacional dos 20 km. absoluto e Sub23 á que acuden catro das nosas e nosos especialistas .

Na categoría masculina tomarán parte dous dos nosos máis importantes marchadores na porocura de bos rexistros. Dani Chamosa da Gimnástica é o actual campión galego absoluto sobre os 5.000 m. en pista na edición celebrada A Coruña o ano pasado, namentras que o campión de España e medallista internacional máster Juan Manuel Morales do Marineda,  facía o propio no campionato desenvolto Pontevedra sobre a mesma distancia.

Na categoría femenina estará na línea de saída a Campioa de España absoluta sobre os 10.000 m. en pista, e campioa galega sobre a mesma distancia de ruta, a internacional Antía Chamosa da Gimnástica quen estará acompañada pola marchadora do Ourense Atletismo e subcampioa galega o ano pasado en Marín, Carmén Escariz.

Campionato de España máster de campo a través

Noutro orde de cousas no concello cordobés de Almodóvar do Río disputarase este domingo o Campionato de España máster de campo a través onde un total de 25 atletas galegas e galegos tomarán parte.

Entre as inscritas atópase a santiaguesa Esther Pedrosa que entre os seus múltiples títulos tanto a nivel nacional como internacional, destaca o de subcampioa mundial máster de campo a través na edición de Torun do ano 2019.

Julia Vaquero do Trega, será outra das atletas quen tomen parte nesta cita nacional.

O resto de inscritas e inscritos son os seguintes:

  • M35. Amador Pena, Damian Espasandín e José Sanda do Compostela Atletismo;  Pablo Prada do ADAS Proinor;  Antonio Teijido  do Bathco R.T. e Juan Antonio Bogo do Atletismo Narón
  • F40. Elena Ledo do ADAS Proinor
  • M40. Rubén Diz e Javier Paredes do Ourense Atletismo
  • F45. Raquel Armesto, Inés Papín e Noelia Papín do C.A.Sada
  • M45. Pedro Pazos, Jordi Carrasco e Jesús Cabo do S.D Compostela Atletismo;  Armando Fontán, Manuel Enrique Estévez, José Manuel García e Ricardo Vázquez do ADAS Proinor
  • F50: Julia Vaquero do Trega
  • F55: Tirsa Chaves do C.A.Sada e Esther Pedrosa do P.Castellón
  • F60: Ether Martínez e Elva Fernández do C.A.Sada
  • M60: José Benito Gómez do Ourense Atletismo.

Compartir: