Resultados Galicia – Nacional Absoluto Aire Libre

Acceso as instalacións desta fin de semana

Intenso fin de semana o que nos depara o calendario de probas federadas tanto no aire libre como na pista cuberta.

Para comezar a pista cuberta de Expourense vivirá o Campionato de Galicia de Probas Combinadas na categoría máster/ Sub20/ Sub18; o Campionato de Galicia Máster; o Campionato de Galicia Sub23/ Sub20 e Sub18 así como a III xornada de probas de control FGA.

Pola súa banda as pista do CGTD de Pontevedra, será sede do Campionato de Galicia de lanzamentos longos de menores; o Campionato de Galicia Sub23/Sub20 e Sub18 nas probas de 400 m, 800 n, e 1.500 m. así como o II Control de inverno de Aire Libre FGA.

Por último Lugo tamén contará ca celebración da 1º Xornada da Copa Deputación o día 27 tanto no módulo cuberto como nas pistas do Gregorio Pérez Rivera.

Como consecuencia da importante actividade que se vai levar a cabo, extremaranse os controis das medidas de seguridade marcadas no Protocolo COVID19 e que obrigará a un rexistro de todas/os adestradoras/es ou responsables nomeados polos clubs que desexen acceder ás instalacións, que lembramos continúan pechadas para o publico.

A data límite para solicitar o acceso serán as 14.00 horas do venres día 26 de febreiro

·         27/02/2021. Cto de Galicia de Inverno de Lanzamentos de Menores (Sub 16/18) Pontevedra
Solicitude acceso xornada de mañá
Solicitude acceso xornada detarde
·         27/02/2021 Campionato de Galicia de 400 m./800 m./ 1.500 m. Sub23- Sub20 Pontevedra
Solicitude acceso xornada de mañá
Solicitude acceso xornada de tarde
·         27/02/2021 XXXII Campionato de Galicia Máster en Pista Cuberta Ourense
Solicitude acceso xornada de mañá
Solicitude acceso xornada de tarde
·         27/02/2021 Cto de Galicia de Combinadas Máster/Sub20/Sub18 en P Cuberta 2021 Ourense
Solicitude acceso xornada de mañá
Solicitude acceso xornada de tarde
·         28/02/2021 Cto de Galicia de Combinadas Máster/Sub20/Sub18 en P Cuberta 2021 Ourense
Solicitude acceso xornada de mañá
Solicitude acceso xornada de tarde
·         27/02/2021 II Control de Inverno FGA en Pista ao Aire Libre Pontevedra
Solicitude acceso xornada de mañá
Solicitude acceso xornada de tarde
·         27/02/2021 III Control de Inverno FGA en Pista Cuberta 2021 Ourense
Solicitude acceso xornada de mañá
·         28/02/2021 LXIV Campionato de Galicia Sub18/Sub20/Sub23 en Pista Cuberta. Ourense
Solicitude acceso xornada de mañá
Solicitude acceso xornada de tarde

 

 

 

 

 

Compartir: