A marcha máster galega a polo pleno en Sevilla

Esta fin de semana a marcha acaparará gran parte dos focos de atención na axenda atlética nacional. Como xa informamos, Sevilla será o epicentro da marcha estatal á que acudirán os mellores especialistas das distintas categorías e distancias na procura das primeiras medallas do ano en ruta.

Unha das categorías que entre en liza será a dos e das máster, onde contamos cunha importante representación a cuxa cabeza acude o internacional e Campión de España do ano pasado Juan Morales del Castillo do Marineda Atlético quen tomará parte nos 20 km. e quen parte en todas as apostas como claro favorito ao título. Na mesma categoría tomará a saída o seu máximo rival, José Fernández do Celta quen xa o ano pasado ocupaba o subcampionato nacional entrando precisamente tras o marchador coruñés.

Na categoría máster 45 Manuel Polo do Narón intentará reeditar o podio logrado no 2020 na pista cuberta de Antequera, sendo o mesmo obxectivo quen teña Emilia Rodríguez do Trega quen foi bronce en Torrevieja e que estará na loita directa polas medallas na categoría W45.

Relación de inscritas/os

Compartir: