Resultados

Na procura dunha mínina…fora da casa

Como é sabido a COVID19 sigue a marcar a axenda de restricións no tocante a competicións federadas na nosa comunidade.

Si o mes de xaneiro pretendía representar a volta pausada de certa normalidade das probas de pista cuberta, o certo é que moi lonxe diso, representou unha nova freada a tempada para as nosas e  nosos atletas.  A última proba con rango oficial acontecido foi o pasado 16 de xaneiro onde se desenvolvería en Expourense un control de inverno de Pista Cuberta, o último do mes de xaneiro que obrigou a un cambio na programación competitiva de boa parte dos atletas, sobre todo naqueles con obxectivos de participación en campionatos nacionais.

Malia elo, están a ser moitas e moitos quenes acuden a otras comunidades a tomar parte nas distintas probas de cara a acadar alguna marca mínina que lles posibilite tomar parte nos Campionatos de España máis recentes. Neste periodo de febreiro por exemplo, acontecerán dous citas moi importantes como son por unha banda o nacional Sub23 en Valencia, e o nacional absoluto dos días 19 ao 21 en Madrid.

Situacións dispares

Toda esta situación orixinase como consecuencia das distintas restricións sanitarias dictadas polas distintas Comunidades, que fai que nalgunhas delas como a galega, non se poidan nestes intres organizar probas federadas autonómicas, a diferencia por exemplo de Madrid, Valencia, Asturias ou Andalucia por citar algunhas, que si están a desenvolver calendario federado.

Todo elo está producindo un auténtico éxodo na procura de apurar esas mínimas de participación nos nacionais e que está a facer que tan só no mes de xaneiro, tomaran parte noutras comunidades máis de sesenta dos nosos e nosas deportistas, non incluindo nesta cifra as probas do Norte de Portugal, destino competitivo preferido para o colectivo das Delegacións de Pontevedra e Vigo basicamente.

A priori, todo parece indicar que namentras a situación sanitaria continúe impedindo a celebración de probas federadas en Galicia, o fluxo de atletas cara outras autonomías continuará con igual o maior ritmo, sendo proba delo os 37 inscritos esta fin de semana no control nacional de mínimas no Pazo dos Deportes de Oviedo.

 

Compartir: