A FGA convocada con carácter de urxencia pola Xunta

No día de hoxe e ante o xiro dos acontecementos que se están a producir, a Xunta de Galicia ven de convocar con carácter de urxencia e por vía telemática ás federacións para tratar sobre as novas medidas adoptadas polo citado organismo autonómico.

Entre os puntos da citada reunión falarase da situación actual do deporte federado, informándose sobre as novas medidas en relación á pandemia

Lembramos que no día de hoxe o conselleiro aclaraba que entre as liñas de actuación que se están a tomar se atopaba a situación do deporte federado, o cal ata o de agora funcionaba pero á vista da situación actual decidiriase a súa supensión pasando os adestramentos a ser individuais ou cun máximo de 4 persoas, adaptánsose ao peche perimetral e ao toque de queda.

De momento mantense activa a competición estatal, tanto en competición como en adestramento, con excepción do toque de queda e peche perimetral, pero só no ámbito estatal

Unha vez remate a xuntanza informaremos a través das nosas canles oficiais das medidas adoptadas

Compartir: