Pontevedra, punto de partida

Sete meses e sete días é o tempo que separa a I Marcha-Carreira pola igualdade Cidade de Pontevedra do día 08 de marzo da XXXVIII Gran Fondo-XXV Media Marathon Pontevedra 2020, que se disputaría o pasado fin de semana na capital galega do sur.

Paradoxicamente o asfalto da cidade do Lérez pechaba a última proba oficial do calendario  da FGA antes do confinamento, sendo esas mesmas rúas quenes abrirían a porta de probas oficiais en ruta, inaugurando un novo tempo e formato competitivo nesta modalidade.

Actualmente, nada teñen que ver aquelas probas multitudinarias e aquelas aglomeracións que precedían as saídas das grandes citas do pedestrismo galego, onde un fervedeiro de atletas, público, adestradores, fotógrafos, afeccioados/as e demáis persoas, ateigaban as inmediciaóns dos distintos circuitos galegos.

Cambios importantes

Para adaptarse a estas novas circunstancias houbo que redefinir completamente a filosofía competitiva e plantexar novos regulamentos que foran compatibles co estado de saude, prevención e regulación do momento.

Si complicada foi a volta da competición ás pistas, non menos o está sendo a volta ao asfalto  por tratarse de espazos abertos nos que é moi complicado aplicar as medidas de seguridade e control máis alá das zonas de meta e saída. Malia elo, estas novas pautas que marcan unha nova realidade, deixarianse ver en Pontevedra con saídas escalonadas de atletas cada 20 segundos, unha limitación importante do número de participantes, un perfecto orden de distanciamento entre os deportistas, medidas extremas de hixiene e prevención,(…) por citar tan só algunhas.

Test importante

A día de hoxe o protocolo específico que regula a actividade de ruta e que move ao cabo do ano máis de cen mil persoas polo asfalto da nosa comunidade, está a piques de ser aprobada pola Xunta de Galicia. A idea é a de deixar atado calquer matiz que poida xurdir e derivar en situacións sanitarias adversas para os/as participantes polo que a disputa da media marathon da pasada fin de semana, representou un importantísimo test do que se extraeron importantes conclusións e sobre cuxo protocolo estiveron traballando de maneira coordinada tanto Concello de Pontevedra, Sociedad Gimnástica, Federación Galega e Xunta de Galicia.

Concello de Pontevedra e Sociedad Gimnástica

Nesta ¨primeira proba¨ compre unha especial mención aos organizadores do evento que foron Concello e Sociedad Gimnástica.

Sobre o Concello de Pontevedra é xusto recoñecer tanto a axuda dada ao desenvolvemento global do atletismo na cidade, como a do seu decidido compromiso de apoio económico en moitas das iniciativas atléticas que acontecen, e que se traducirían por exemplo, na disputa do Campionato de Galicia Sub16 e Sub14 do pasado 10 e 11 de outubro

De igual modo do club pontevedrés cabe destacar a capacidade organizativa da entidade que fundada no ano 1927, é todo un referente histórico do noso deporte tanto a nivel autonómico como nacional e que fan del nestes intres, o único club masculino que milita na División de Honra xunto ao femenino que compite na Primeira División

Compartir: