Resultados

O atletismo base galego acode aos seus nacionais

Campionato de España Sub16

29 atletas galegos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Sub16 que se desenvolverá en Granollers coincidindo cos 7 galegos e galegas que comptirán de igual modo na capital do Estado no nacional Sub14.

Entre a participación de todos e todas elas destaca a presenza da velocista Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega quen toma parte nos 100 m. Na proba dos 3.000 m.parte como favorita a lucense Xela Martínez da E.Atlética quen acaparará toda a atención. Na mesma proba Héctor Rodríguez do Ourense Atletismo aspira a un dos postos importantes nesta final de fondo.

Xa nos 1.500 obtáculos, Laura Carracedo do Atletismo Estrada estará na pelexa polos postos de arriba nunha proba na que rexistra a quinta mellor marca

Os 300 valos contará ca presenza destacada de Martiño Caneda da Atlética A Silva o mesmo que a do lanzador do Atletismo Sada Hugo Fernández no concurso de martelo.

Será na altura onde Enma Xihuang do Franciscanos de Lugo intentará deixar atrás os seus problemas físicos para loitar polas medallas sendo Lisa Vosberg do AVA no salto con pértega quen intente acadar posto de finalista.

Nos lanzamentos, de novo todas as miradas postas en Blanca Pereira do Ourense Atletismo quen no concurso de martelo parte como favorita ao título nacional.

Xa na marcha estará sobre o sintético de Vallehermoso Aldara Meilán da Atlética Lucense na procura dun bo posto que refrende o seu rexistro

Por último o sector de combinadas, con novos e talentosos/as atletas xurdindo, estará representado por Bran Núñez do Atletismo Morrazo quen fai poucas datas lograba un novo récord galego Sub16.

Campionato de España Sub14

A 628 km. dos Sub16, estarán compitindo un total de 241 atletas nas pistas madrileñas de Vallehermoso no Campionato de España Sub14, dos cales sete son da nosa Comunidade.

O sistema de competición é a modo de triathlon, estando formado por cinco grupos cada un dos cales está a súa vez composto por tres probas distintas. Só 24 atletas foron seleccionados/as para tomar parte neste campionato en cada un dos grupos, cuxa clasificación foi realizada en base á mellor puntuación obtida por táboa.

As/os nosas/os representantes nesta edición son:

Categoría feminina:

  • Claudia Carcer do Vila de Cangas no Grupo A
  • Lara Iglesias do Samertolameu no Grupo B
  • Gema da Costa do Vila de Cangas no Grupo D
  • Andrea Iglesias do AVA no Grupo E
  • Iris Malvido do Vila de Cangas no Grupo E

Categoría masculina:

  • Nuno Castro Albán do Millaraio no Grupo A
  • Pablo Cariñena do Millaraio no Grupo D

Compartir: