Resultados

A Selección Sub18 roza o podio en Pamplona

Excelente Campionato de España o desenvolto no día de onte pola Selección Galega Sub18 en terras navarras onde ocuparía una moi destacado cuarto posto, nunha clasificación bastante axustada na que apenas cinco puntos a separaron do terceiro combinado, Andalucía e oito do segundo, Castela León, nun encontro domiñado pola Selección catalana. Este posto mellora ampliamente o oitavo lugar conseguido o ano pasado en Getafe.

Da competitividade da nosa selección daría boa conta os catro triunfos colleitados, todos eles nos concursos, da man de Alba Cuns en Triplo con 12.19 m.,  María Pena na xavelina con 42.01 m., Samuel Lema no peso con 14.87 así como a de Eric Méndez en martelo con 63.16

Lola Bouza logrou de igual modo un excelente segundo posto en pértega con 3.50 m. como excelente sería o terceiro posto de Paula Piñón en disco con 30.66 m.

O resto de actuacións quedaría da seguinte maneira: 4º posto para Javier Giménez nos 100 m. con 11.22, Jorge Román nos 400 m. con 50.14 e Iker González nos 1.500 con 4:04.76; 5º Hugo Vázquez  nos 400 valos con 57.21; 6ª Lucía Sánchez Del Valle nos 100 valos con 15.27 e Adrián Villares na lonxitude con 6.40 m.; 7ª Sofía Campos nos 5.000 marcha con 30:03.95; 8ª Carmen Victoria González nos 800 m. con 2:21.85, HugoSuárez nos 2.000 obstáculos con 6:32.50 e Nicolás Arias en altura con 1.76; 9ª Isabel Caeiro nos 3.000 m. con 11:20.32 e 9ª María Fernández nos 200 m. con 26.49

Nos relevos mixtos a nosa selección ocuparía un quinto posto nos 4×400 m. e un noveno no 4×100 m.

Resultados

Compartir: