A FGA xa conta ca aprobación do Protocolo COVID19

Esta mesma mañá a Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia, e seguindo a resolución da Consellería de Sanidade, aprobou o Protocolo FGA COVID19 da Federación Galega de Atletismo o que supón o visto bó para que se poidan reanudar as competicións.

Lembramos que as federacións deportivas están obrigadas a presentar ante a Xunta de Galicia un Protocolo onde que se recollan todas as medidas preventivas e de seguridade correspondentes a súa actividade. Este documento que debe ser aprobado pola organismo autonómico, é o punto de partida para a volta a actividade federada

Logo desta importantisimo trámite, os movementos non se fixeron agardar e xa no día de hoxe e con carácter de urxencia, o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, convocará aos órganos de Goberno da institución para anular o acordo de suspensión da actividade atlética oficial, actualmente vixente. Da mesma maneira, o Secretario Xeral Carlos Castro no día de mañá manterá unha apreteda axenda cos Delegados da Federación para falar do tratamento do calendario de competición xa aprobado, para este 2020.

Traballo intenso

O traballo de elaboración deste documento, supuxo moitas semanas de intenso traballo e de reunións cos distintos actores do noso atletismo en primeira instancia, e ca Comisión de Seguimento COVID19 coordinada polo Secretario Xeral, no treito final. Da importancia e da meticulosidade da mesma, fala o feito que fora obxecto de varias indicacións por parte da Xunta que rematarían finalmente ca aprobación do citado documento.

Compartir: