Alejandro Gómez terá finalmente a súa merecida homenaxe

O vindeiro día 11 de xullo o atletismo galego e todas cantas institucións e organismos desexen sumarse, rendeirá un merecido acto de homenaxe a Alejandro Gómez . Si fai unhas semanas os seus familiares desaconsellaban a celebración de calquer acto, desta vez serían as mesmas fontes quenes daban o visto bo a este recoñocemento público a un dos atletas máis grandes e importantes do atletismo galego e nacional.

O acto terá lugar no Hotel Coia de Vigo as 19.00 horas con aforo limitado polo que todas e todos cantos desexen acudir deberán indicalo a través da ligazón adxunta antes do mércores día 8 ás 20.00 horas.

Infórmase que debido as medidas de seguridade sanitarias compre acudir con mascarilla

Para solicitar máis info: secretaria@atletismo.gal

Inscripción

Compartir: