Resultados en directo

Semana importante de acordos

Esta tarde reunirase a Comisión Delegada e a Xunta Directiva da FGA  ca finalidade de aprobar o Procolo de Actuación COVID19.

Este importante documento, no que se leva traballado varios e intensos días, constitúe o primeiro paso para dar comezo as actividades competitivas de cara a recuperar unha certa normalidade. Lembramos que a Xunta de Galicia esixe un plan de actuación en cada Federación que garante as necesarias medidas de seguridade sanitarias. No caso da FGA, a redacción do mesmo correría a cargo da comisión creada para a elaboración do citado documento, contando co respaldo dos propios servizos xurídicos federativos.

Calendario 2020

Outro dos aspectos importantes e prioritarios, representa a aprobación do calendario 2020 que pode contar co visto bo esta mesma tarde.
Durante a fin de semana reunirianse telemáticamente os Delegados da FGA, así como os representantes do Comité Galego de Xuices para traballar de maneira conxunta sobre a proposta de calendario elaborado e que esta mesma tarde podería ser aprobado pola Xunta de Goberno da FGA.
Sobre a mesa, teriase en conta o calendario xa adiantado pola RFEA para ubicar os distintos campionatos galegos neste ano 2020.

Compartir: