Ana Peleteiro, distinguida ca Medalla Castelao

O pasado sábado o DOGA publicaba a relación de galegos/as a galardoados/as ca Medalla Castelao neste ano 2020 en atención aos méritos neles concurridos.

Na relación de premiados está a atleta Ana Peleteiro cuxos importantes méritos deportivos acadados serían decisivos para estar xunto a xornalista Pilar García-Cernuda Lago, o comunicador Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, o grupo de música tradicional A Roda, e a Asociación de Amigos do Camino de Santiago.

Lembramos que as medallas Castelao  son unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia nos que distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo dunha personalidade galega distinguida.

Estas importantes distincións comezarían a impoñerse no ano 1984 sendo a riveirense a primeira das atletas en recibila.

Javier Pitillas entre os galardoados no 2006

No ano 2006 outro atleta, Javier Pitillas (47.60 nos 400 m. e home da olímpica Estela Estévez) sería distinguido con esta importante distinción máis no caso deste Sarxento da Policía Local de Vigo teríase en conta a súa importante labor solidaria e social.

DOGA 121/2020

Compartir: