A carreira máis importante de Alejandro

No día de hoxe o atletismo galego levantábase ca triste nova publicada no xornal ¨Faro de Vigo¨ onde se informaba da irreversible enfermidade que padece Alejandro Gómez, un dos atletas máis importantes do noso atletismo.

Alejandro Gómez Cabral (Vigo, 1967) forma parte dunha excepcioal xeración de fondistas galegos que durante os últimos anos dos oitenta e boa parte dos noventa dominaría as probas de fondo e campo a través.

Adestrado por Julio Rodríguez , xa de xuvenil amosaría as súas excepcionáis cualidades que o levarían a destacar tanto nos obstáculos, coma nos 5.000 m. 10.000 m, marathón e sobre todo no campo a través.

No ano 1988 acreditaría a mínina de participación para tomar parte nos Xogos de Seul na proba dos 5.000 m.l. na que chegaría a correr as semifináis acadando un rexistro de 13.41.73. Catro anos máis tarde e xa convertido nun especialista dos 10.000 tomaría parte nos Xogos de Barcelona-92, malia que tería que abandonar a súa serie por problemas físicos.

De novo unha cita máis, chegaría catro anos máis tarde ca disputa dos Xogos de Atlanta sobre a mesma distancia dos 10.000. na que se metería na final olímpica acadando un 15º posto cun rexistro de 28.39.11. Con tres edicións nos Xogos sitúase na lista de atletas galegos con máis olimpiadas desputadas

Alejandro Gómez conta cun importante currículo do que salientamos as 41 internacionalidades, os récords de España junior e promosa e os seus nove campionatos de España absolutos nas probas de fondo e cross. Na súa carreira deportiva militaría en varios clubs importantes tanto galegos coma nacionáis, chegando a tomar parte no ano 1997 en Róterdam na proba de marathón onde acadaría a segunda posición cun rexistro de 2h.07:54.

Os seus rexistros máis importante a nivel absoluto individual serían o sexto lugar no mundial de campo a través (1988) así como os postos de finalista nos campionatos de Europa de marathón nos anos 1998 (5ª) e 2002 (6º)

A nivel persoal, é un consumado amante da natureza e dos animáis mundo este que mistura ca súa paixón por seguir correndo.

Dende toda a familia do atletismo galego querémoslle enviar unha fortísima aperta e desexar que como sempre fixo ao longo da súa vida atlética, siga loitando bravamente ata os metros finais.

¡¡¡ÁNIMO ALEJANDRO!!!

Currículo RFEA

Foto La Voz de Galicia

Compartir: