Resultados en directo

Cando Bubka foi peregrino en Compostela

Non poucas son as curiosidades que enchen a historia do atletismo galego. Os máis de cen anos de actividade, darían para moitas anécdotas e momentos irrepetibles que no seu día causaron auténtica expectación pero que o paso do tempo encargaríase de ir borrando da memoria do colectivo.

Unha das máis curiosas sen dúbida, sería a que protagonizaría o lexendario saltador ucraíno de pértega, Serguei Bubka considerado o maior saltador da historia da especialidade e cun currículo no que destacada as máis de seis victorias consecutivas en Campionatos do mundo, un ouro olímpico no 1988 e nada menos que 35 récords mundiais, sendo ademáis o primeiro home en rebasar a barreira dos seis metros. Sería precisamente seis meses despóis de establecer un récord mundial na pista cuberta en Donetsk con 6.15 m. cando aterraba en terras compostelanas para facer una exhibición en nada menos que na mesmísima Praza do Obradoiro.

Neste sublime escenario estaría acompañado un domingo 22 de agosto do ano 1993 por outros saltadores da época entre os que cabe salientar ao pertiguista español Javier Garcia Chico, que viña de ser bronce olímpico nos Xogos de Barcelona un ano antes, xunto ao propio irmán do ucraino Vasily e os españois Ignacio Paradinas, Isaac Molinero e José Manuel Arcos.

Un auténtico espectáculo

A decir polas crónicas do momento existíu un gran ambente de curiosidade e expectación por ver as evolucións deste mítico saltador nun formato de promoción que comezaba a sair dos estadios para encher as rúas e que continuaría moitos anos despois aquí cos eventos de “Saltar na praia” e “Satar na rúa”.

O día que non acompañaría, non axudou a una boa xornada en canto a resultados, si ben é certo que esto último era en parte o de menos. Para condicionar o espazo puxéronse planchas dunha lonxitude de 51 mts. por 1.40 m. de ancho cunha grada supletoria para 200 espectadores arredor das cales ubicaríanse preto de 4.500 persoas que presenciaron o evento de pé.

O concurso final do pertiguista foi de sete saltos dos cales tan só tres foron válidos e onde acabaría impoñéndose con 5.70 m. O concellal do momento, e actual rexidor Xosé Sánchez Bugallo, calificaría este momento na entrega de premios como de “un magnífico espectáculo deportivo” que ainda perdura na memoria de quenes tiveron a sorte de presenciar e que no día de hoxe quixemos rescatar.

 

Compartir: