V Festa do Atletismo Galego – Peregrina 2020

(las notificaciones de bajas hasta el 12 de agosto al correo  atleriasbaixas@gmail.com)        STREAMING

Todas e todos pendentes da reapertura das instalacións na Fase I

A nosa Comunidade entra oficialmente o luns na Fase 1 da desescalada, na medida aprobada polo Goberno do Estado no día de onte.

Este cambio de fase implica un leve cambio na rutina dos atletas, logo dun importante periodo de confinamento que daría paso a unha fase 0 con horarios e medidas limitadas de actividade física e adestramento.

Mantéñense as franxas horarias para facer deporte individual, aínda que xa se poderá acceder con cita previa a aquelas instalacións deportivas ó aire libre como pistas de atletismo. Si na Fase 0 non se permite saír do municipio agás aos deportistas DGAN, nesta nova fase permitirase a movilidade pero sempre que esta sexa dentro da propia provincia.

O deporte en instalacións ó aire libre, a reapertura de Centros de Alto Rendemento e a posibilidade de adestrar en pequenos grupos, convértense nas grandes novidades, regulada polo Ministerio de Sanidade a pedimento do Ministerio de Cultura e Deporte e a través do Consello Superior de Deportes (CSD). O Goberno autoriza a reapertura das pistas de atletismo, pero será a Xunta, Universidades e Concellos de quenes dependen, quenes determinen a súa apertuar

A orde ministerial “autoriza o acceso aos Centros de Alto Rendemento aos deportistas integrados nos programas aprobados, os deportistas de Alto Nivel (DAN), os deportistas de Alto Rendemento (DAR) e os recoñecidos de interese nacional polo CSD”, segundo a nota emitida polo ministerio de Cultura e Deporte. “Para os efectos desta orde terán a consideración de Centro de Alto Rendemento os CAR, os Centros Especializados de Alto Rendemento (CEAR), os Centros de Tecnificación Deportiva (CTD), e os Centros Especializados de Tecnificación Deportiva (CETD), integrados na Rede de Tecnificación Deportiva con programas deportivos aprobados polo CSD ou autorizados polos órganos competentes das autonomías”, engade.

“Respecto ás ligas profesionais, os clubs deportivos ou Sociedades Anónimas Deportivas poderán desenvolver adestramentos de tipo medio que consistirán no exercicio de tarefas individualizadas de carácter físico e técnico, así como na realización de adestramentos tácticos non exhaustivos, en pequenos grupos de varios deportistas, ata un máximo de dez, mantendo as distancias de prevención, de dous metros de maneira xeral, e evitando en todo caso, situacións nas que se produza contacto físico”.

“Para iso, poderán utilizar as instalacións que teñan á súa disposición, cumprindo as medidas establecidas polas autoridades sanitarias a través, tamén do protocolo para o retorno aos adestramentos aprobado a semana pasada por resolución da presidencia do CSD”. Neste senso,  “poderase proceder á apertura das instalacións deportivas ao aire libre para a realización de actividades deportivas coas limitacións que recolle o BOE respecto a aforo, medidas de hixiene, quendas e outros condicionantes. Poderán acceder ás mesmas calquera cidadán que desexe realizar unha práctica deportiva, incluídos os deportistas de alto nivel, de alto rendemento, profesionais, federados, árbitros ou xuíces e persoal técnico federativo”.

BOE

Compartir: