Resultados en directo

A FGA suscribe un convenio de colaboración ca Universidade de Vigo

Continúase cas distintas xestións e liñas de traballo nas que o pasado xoves a Federacíón Galega de Atletismo asinaba un convenio de colaboración ca Universidade de Vigo

O obxecto do convenio céntrase no establecemento das estipulacións administrativas, técnicas e económicas baixo as cales deberá desenvolverse un programa de fomento da práctica do atletismo entre a comunidade universitaria e a poboación da contorna dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

Para elo A Federación Galega de Atletismo asumirá a organización e dirección técnica das actividades desenvolvidas ao abeiro do convenio, segundo a súa propia metodoloxía e por medio do seu propio persoal, sen prexuízo de que poida habilitar ou delegar a organización destas actividades nalgún dos seus clubs asociados.

Para elo A Universidade de Vigo facilitaralle á Federación Galega de Atletismo o uso das instalacións e do material deportivo para a práctica do atletismo do que dispón no campus As Lagoas (Ourense) e no Campus Lagoas – Marcosende (Vigo) para o desenvolvemento das actividades organizadas ao abeiro deste convenio.

Estes usos gozarán dunha exención de canon do 100 % dos prezos públicos vixentes ata un máximo de 7.000 € anuais. No caso de actividades relacionadas coa investigación, a Universidade tamén poderá facilitar a utilización das instalacións de atletismo do Campus da Xunqueira (Pontevedra).

Convenio FGA e UVIGO

 

 

Compartir: