Resultados en directo

Aprázanse os Xogos Olímpicos ata o 2021

O que xa era nos últimos días casi un clamor unánime, acábase de confirmar xa oficialmente:  os Xogos Olímpicos de Tokio-20 aprazanse ó ano 2021

Este cambio tense producido logo de que o goberno de Xapón e o Comité Olímpico Internacional, acordaran tal medida como consecuencia do forte impacto e repercusións negativas que está a ter a escala mundial a pandemia do COVID-19

Nun principio as datas que se poderían barallar  serían as do  23 de xullo ó 8 de agosto, o mesmo periodo que se tiñan fixado para este ano

A día de hoxe son moitas e moi variadas as incertidumes que envolven a esta atípica tempada. As preguntas de cando se vai poder adestrar e competir, cando van ser os campionatos, como será o estado de forma logo de rematar a cuarentena (…) e moitas máis cuestións que se plantexan, non parecen ter unha resposta a día de hoxe nin tan sequera aproximada. O que sí é innegable é que tanto para Ana Peleteiro como para Adrián Ben (únicos atletas galegos con mínina de participación)  esto representa un importante cambio de plans nas súas programacións que se sumará ó do resto de atletas, clubs e federacións que xa empezan a adoptar medidas para paliar os efectos negativos desta gran crise mundial.

Con todo elo esta medida supón un gran alivio para a inmensa maioria dos atletas olimpicos, en tanto que tan só a partir de agora, terán que centrarse no primordial: protexerse do virus

 

Compartir: