Resultados en directo

Amósanos o teu día a día

Moítisimas grazas a todas e todos cantos nos estades a mandar vídeos, enlaces, sesións de adestramentos, comentarios de ánimo ou calquera das moitísimas iniciativas que estades a ter e que teñen como finalidade facer deste confinamento OBRIGATORIO E RESPONSABLE moito máis levadeiro para todos e todas.

Pero queremos seguir animando, e queremos seguir colgando as vosas orixinalidades. Para elo podedesnos enviar un vídeo de non máis de 30 segundos con temática alusiva ó voso día a día e o noso deporte (adestramentos, mensaxes de ánimo, humor…).Entrarán dentro do espazo  #escorrentavirus  e colgaremos nas nosa Redes Sociais, resultando gañador dunha camiseta da selección galega, quen teña un maior número de “likes”.

Para tomar parte tan só tédes que mandar un wsp de texto co voso nome, concello ou club, e outro wsp co voso orixinal e simpático vídeo ó número 61 98 47 195.

 ÁNIMO, ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS !!!!!!

Compartir: