Resultados

Motril e Antequera próximas paradas nacionais

Un total de cinco lanzadoras/es galegas/os tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Lanzamentos longos que terá por sede a cidade granadina de Motril o vindeiro día 7 de marzo.

Entre a relación de participantes estará na gaiola de martelo o adestrador e atleta máster Carlos Revuelta da A.D.Marathon así como as/os recentemente proclamadas/os subcampións de España en martelo Sub20 Irene Gómez do Valencia Atletismo e Yago Araujo do Real Club Celta adestrados por Manuel Hermida

A subcampia nacional absoluta de xavelina do ano pasado en La Nucía e pupila de Necho Fernández, Carmen Sánchez do Unicaja Jaén e a Sub23 Andrea González da Gimnástica adestrada por Santi Ferrer, completan a lista de atletas galegas que viaxarán ata esta importante cita.

Os máster tomarán parte no seu campionato nacional de pista cuberta

Por outra banda e a un total de 143 km. de Motril, disputarase na pista cuberta de Antequera o Campionato de España Máster onde a nosa Comunidade acude cun total de 52 inscritos/as

A esta cita entre outros contamos ca participación de atletas importantes como a da internacional Emilia Mesa quen tomará parte na lonxitude e nos 60 m. así como a de Esther Pedrosa do Playas de Castellón quen correrá os 800 m. e os 1.500 m. Pola súa banda na categoría masculina, Juan Manuel Morales do Marineda sairá  na proba dos 3.000 marcha.

De igual modo haberá que seguir as evolucións tanto de Luz María Domínguez do Burgas Ourense quen tomará parte nos 400 e nos 800 m.e as Juán Luis Paz do Marineda en combinadas.

Ademáis das citadas, viaxarán ata Antequera logo de establecer recentemente novas plusmarcas autonómicas nas súas respectivas categorías, os/as atletas Juán Manuel Bao do ADAS Proinor quen tomará a saída nos 60 m; Fernando Paredes do Real Club Celta no peso; Juan Antonio Gude do Lucus Caixa Rural Galega nos 3.000 m.; Carlos Ferrer no A.Narón en peso e Flora Josefa Guzmán do Comesaña S.C. en 60 m. e 200 m.

Compartir: