Todo a punto para que de comezo o espectáculo

Un total de 532 atletas de ambas categorías serán os que durante esta fin de semana tomen parte no espectáculo atlético máis importante do ano a nivel indor como é o LCI Campionato de España de Pista Cuberta ca presenza das máis importantes figuras nacionais e mundiais do momento. A este importante vento, cuxo nivel de expectación fixo practicamente esgotar as entradas, acudirán un total 35 atletas galegos e galegas no que representa a estrea da nosa comunidade na organzación dun campionato absoluto baixo teito.

Destacada presenza das nosas máis importantes figuras

Como principal foco de atención contaremos ca participación da clara favorita ó titulo nacional no concurso de triplo salto, Ana Peleteiro quen está a perfilar a súa tempada de cara a esa importante cita como son os Xogos Olímpicos de Tokio. Acude en calidade de clara favorita malia que esta tempada ainda non tomou parte en ningunha competición oficial. O seu concurso será o sábado as 19.55 horas

Continuando cos concursos, Belén Toimil que está nun fantástico estado de forma, volverá lanzar como xa o fixera fai uns días no Campionato de Galicia na procura de estar sobre os 17 metros que lle poidan permitir amarrar o título. Fronte ela estará a súa máis inmediata rival Ursula Ruíz quen acude cun rexistro de 16.42 m. o que garante o domingo a partir das 11.45 un fermoso espectáculo

Jean Marie Okutu, será outro dos nosos máis importantes atletas sobre o sintético de Expourense. O de Marín, que tamen estaría compitindo no autonómico absluto, acude cun rexistro de 7.94 m situándose tras Eusebio Cáceres con 7.99 nun espectáculo que está servido. A cita será o sábado as 12.30 horas

Non menos interesante será o concurso feminino onde teremos a plusmarquista autonómica e primeira galega en pasar da barreira dos seis metros Leticia Gil intentando facerse cun posto nas zonas de honra. A atleta de O Barco terá o seu concurso o domingo as 10.20 horas, acudindo a esta final co cuarto mellor rexistro das participantes de 6.13 m.

Saleta Fernández que está tendo certos problemas físicos neste comezo de tempada, acude ó nacional con de 1.80. A levantina Cristina Torres con 1.83 así como Izaskun Turrillas e Isadora Molina con 1.80, rivalizarán ca monfortina polos prezados postos de podio deste nacional. Poderemos seguir o concurso o domingo dende as 10.15 horas

Outra das máximas atraccións do campionato será a presenza do finalista dos pasados mundiais nos 800 m. Adrian Ben compitindo sobre a mesma distancia. O viveirense achégase con 1:46.60 nunha proba na que terá a Mariano Garcia 1:46.31 ó seu principal oponente. A final desta emocioante proba será o domingo ás 13.15 horas.

Outras non menos interesantes probas será a que nos depare a sempre combativa e loitadora Esther Navarrete nos 3.000 m. quen dará todo de si para facer valer os seus 9:17.46 que a sitúan na quinta posición dun grupo de atletas que encabeza a nosa “sempre galega de corazón” Solange Pereira quen podería proclamarse campioa de España diante da súa xente e do seu público. Nesta mesma proba salientar que tamén estará na lista de saida a campioa de Galicia de campo a través Marta Casanova do ADAS Proinor quen loitará polos postos importantes da proba. Mención aparte ten a presenza da máis nova de todos cantos toman parte neste campionato, a lucense Xela Martínez quen sendo Sub16 anos debuta no selecto club da élite nacional. Todas elas tomarán a saída na gran final o sábado as 21.00 horas

No resto de participación galega salientar a presenza do internacional Mauro Triana quen intentará entrar nunha cara final dos 200 m. e mesmo aspirar a estar na loita polos metais. Mesmo obxectivo de estar na final, será ó que teña o tamén internacional Elian Numa o que suporía o afianzamento deste atleta no top ten nacional malia súa xuventude.

Para rematar non perderemos de vista o pentathlon onde a venezolana con ficha galega Nediam Nori Vargas concursará con serias aspiracións de postos destacados.

Relación de atletas galegas/os que tomarán parte no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta

60 m.

  • Nerea Iglesias (A.Fontes do Sar)
  • Javi García (Lugo Running)

200 m.

  • Claudia Torres (S.Gimnástica)
  • Nerea Iglesias (A.Fontes do Sar)
  • Sergio Rodríguez (C.D.Surco Lucena)
  • Mauro Triana (Playas de Castellón)

400 m.

  • Pedro Juncal (RC Celta)

800 m.

  • María Carballido (A. Friol)
  • Adrián Ben (F.C.Barcelona)
  • Elian Numa López (Coruña Comarca)
  • David de la Fuente (S.Gimnástica)

1.500 m.

  • Angela González (A.D.Marathon)
  • Leticia Fernández (Valencia A.)
  • Eva Arias ( S.Gimnástica)
  • *Angharad Davies (Marineda Atlético)
  • Carlos Porto (S.Gimnástica)
  • Pablo Bocelo (C.A.Narón)

3000 m.

  • Esther Navarrete (F.C.Barcelona)
  • Marta Casanova (ADAS Proinor)
  • Xela Martínez (A.Lucense)
  • *Edymar Brea (ADA Calvia)
  • Alex Fernández (Ourense Atletismo)

60 m.v.

  • Lucía Ferrer (S.Gimnástica)
  • Antía Martínez (Ría Ferrol)
  • Eva Queimaño (A.F.Celta)
  • Miguel Pérez (Lucus C.R.G.)

Lonxitude

  • Leticia Gil (Playas Castellón)
  • Jean Marie Okutu (F.C.Barcelona)

Altura

  • Saleta Fernández (Valencia A.)

Triplo

  • Ana Peleteiro (Adidas)

Peso

  • Belén Toimil (Playas Castellón)

Pentathlon

  • *Nediam Nori Vargas (Playas Castellón)

*Atletas extranxeiras/outra comunidade, pero con ficha por Galicia

Compartir: