Resultados

Informe marco das infraestruturas atléticas en Galicia

Na última Asemblea da Federación Galega de Atletismo, aprobouse entre outras medidas, o desenvolvemento do Plan Estratéxico da FGA 2019-2022 como importante instrumento que permitirá marcar a folla de ruta na execución das importantes líneas maestras do atletismo galego neste periodo.

Dentro do plan, un dos puntos importantes que se abordan é o “Informe e propostas de melloras sobre a situación dos recintos atléticos en Galicia” elaborado por unha comisión integrada por todos os estamentos e onde se fai un estudo riguroso sobre a situación real do tecido atlético galego en todos aqueles núcleos con focos de actividade atlética. No citado informe, ademáis de propoñer melloras específicas en cada recinto, ofrecense diferentes modelos de recintos de “low cost” adaptados as necesidades de cada área, a través dos cales se pode practicar unha parte importante das disciplinas atléticas, incluso coa posibilidade de ser homologados como instalación singular.

Propostas de infarestructuras “low cost” 

Neste documento marco, todos os estamentos do atletismo galego tiveron oportunidade de participar coas súas opinións sendo finalmente un grupo de clubs, atletas, adestradores e xuíces, como usuarios deses recintos, quenes colaboraron cos súas aportacións que serían canalizadas a través dunha comisión encargada finalmente de elaborar o citado documento.

Un diágnostico actual da situación das infraestructuras do atletismo galego como punto de partida de melloras e actuacións

O informe, único polas súas características de analise, contaría ca aprobación unánime dos membros da Asemblea da FGA, sendo remetido nos vindeiros días por tal motivo, ós diferentes organismos con competencias en materia deportiva como son Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos e Universidades públicas galegas.

Informe e propostas de melloras sobre a situación dos recintos atléticos en Galicia

 

Compartir: