Resultados

Ourense, Braga e Nanjing as grandes citas do sintético invernal

Co comezo o pasado fin de semana do primeiro campionato importante como foi a final da Liga ABANCA, daría comezo unha nova tempada de pista cuberta con importantes citas a nivel galego, nacional e internacional.

Os distintos campionatos tanto de España como de Galicia, comezarán a disputarse xa dende primeiros de ano arrincando o fin de semana do 11 e 12 de xaneiro ca celebración da Copa de Clubs tanto absoluta como máster. Unha semana despois celebrase o primeiro dos nacioanais e onde Antequera volverá a acoller unha cita de pista cuberta, neste caso o Campionato de España de Clubs Sub20.

Unha importante nova para a nosa comunidade será a disputa do Campionato de España Absoluto no último fin de semana de febreiro, no cal poderemos presenciar a élite do atletismo desfilar pola cidade das Burgas que será durante eses días o centro de atención atlético.

Previamente a esta cita, desenvolverase outro non menos importante acontecemento atlético como é a celebración do Campionato de Galicia Absoluto no que se agarda contar ca presencia de importantes atletas que acudirán como previa ó nacional.

Xa a nivel internacional a gran cita da pista cuberta estará no Campionato do Mundo que viaxa ata a localidade Chinesa de Nanjing do 13 ó 15 de marzo e que xunto co Campionato de Europa Máster do 15 ó 21 de marzo en Braga serán as citas referenciais desta tempada que mira moi de preto a eses Xogos Olímpicos de Tokio-2020.

Compartir: