Resultados en directo

Ciclo de charlas na Mariña

A Oficiña dá Delegación da Federación Galega de Atletismo na Mariña inicia un ciclo de charlas que levará a diferentes lugares da comarca.

A delegación de deportes, a Asociación deportiva Salto do Coro, e a Oficina da Delegación de Atletismo de Lugo ofrecerán en Mondoñedo, a partir desta semana, catro charlas de primeiros auxilios a alumnos do CEIP Álvaro Cunqueiro.

Daranse aos alumnos de terceiro a sexto de primaria, na que os obxectivos a traballar estarán o do concepto de primeiros auxilios e demáis aspetos relacionados co mesmo.

O responsable da dirección da actividade será Raúl Redondo González Ares, Técnico de Deportes do Concello de Mondoñedo e responsable da Oficina da delegación de Atletismo da Federación Galega.

Precisamente o Vicepresidente da entidade galega, Jesús Vázquez destacou “que é unha iniciativa que pretende achegar aos nenos de diferentes centros educativos co coñecemento básico de primeiros auxilios, á vez que se van creando sinerxias para o crecemento do atletismo en particular e do deporte en xeral”.

Compartir: