O Barco recibe o “Foro de debate” este mércores

Continúan as roldas de debate que a Federación Galega de Atletismo está levando a cabo polos distintos núcleos e zonas atléticas da nosa comunidade logo de que o pasado día 2 de outubro deran comezo en Pontevedra e seguiran o día 16 en Santiago.

En concreto este mércores día 6 de novembro as 20.00 horas no Pavillón Municipal de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras, estarán presentes no mesmo o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, o Secretario Xeral e Director Técnico Carlos Castro, o Secretario Técnico Julio Santiago e o Delegado da FGA en O Barco Manuel Teijeiro, que estarán explicando e debatindo con todos os estementos atléticos locais, os distintos apartados do Plan Estratéxico 2019-2020 falando das actividades, as programacións , o calendario de compiticións, as novidades para esta tempada  (…) e cantos asuntos importantes ou de interese preocupen.

Compartir: