Inscríbete e toma parte nunha experiencia única

Como todos os anos, o vindeiro día 25 de outubro, desenvolverase nas pistas de Atletismo Juan de Austria pertencentes a Escola Militar de Marín, un novo encontro amigable que enfrontará a un combinado de atletas galegos e galegas co equipo militar da Escola Naval.

Este clásico xa do noso calendario, dará comezo as 16.15 horas, rematando sobre as 18.00 horas ca entrega de trofeos

Coma é habitual, ábrese un prazo de inscrición no que todos aquelas e aqueles interesadas/os en tomar parte no mesmo poderán facelo a través do correo electrónico a pontevedra@atletismo.gal antes do mércores ás 20:00, indicando nome completo, probas en disposición de realizar e mellor marca realizada nas tempadas 2017/2018 e 2018/2019.

 

  • 16:15 h.
Lanzamento de Peso.
  • 16:20 h.
Salto de altura.
400 m.
  • 16:30 h.
100 m.
  • 16:40 h.
200 m.
  • 16:25 h.
Salto de lonxitude.
800 m.. Feminino.
  • 16:55 h.
1500 m.. Masculino.
  • 17:05 h.
4 x 100 m.
  • 17:10 h
Cros (5000 M.L.)
  • 17:45 h.
Entrega de premios.

 

 Consideracións:

  • As marcas realizadas non terán validez a efectos de ránking
  • A altura mínima inicial no salto de altura será de 1,35 m, subindo o listón de 5 en 5 cm
  • O número máximo de intentos nas probas de lanzamento de peso e salto de lonxitude será de cinco.

Compartir: