Resultados

Un nacional de maratón con esencia galega

Esta fin de semana Ciudad Real dará acollida a LXXXIII Campionato de España de Maratón á que acuden un total de 26 atletas de ambas categorías. Na relación de inscritos figura o lucense da Gimnástica de Pontevedra Manuel Hurtado quen ten acreditado este ano na media maratón un rexistro de 1h.09:53 efectuados durante ó Campionato de Europa Máster de Jesolo (Italia) onde lembramos, lograría o subcampionato continental na categoría M35.

Un pouco de historia

O longo destes oitenta e tres anos,  tan só en dúas ocasións o campionato viaxaría a nosa comunidade. A pimeira delas correspondería ó ano 1968 onde a cidade de Vigo organizaría a súa trixésimo cuarta edición, tendo que agardar nada menos que corenta e cinco anos máis para que de novo A Coruña, fora sede desta importante proba no ano 2013.

En canto a títulos, os nosos e nosas representantes lograrían un total de oito ouros nacionais entre os cales destacan os cinco acadados polo mito do noso atletismo Carlos Pérez nas edicións de Sagunto 1966, Igualada 1967, Vigo 1968, Sueca 1969, e Torrelavega 1970 e que o sitúan xunto a Miguel Navarro, como o máis laureado na historia desta proba.

María Jesús Gestido na categoría feminina sería outra das nosas atletas destacadas, colleitando os títulos individuais nos anos 2009 en Sevilla e 2013 na Coruña. Mención aparte merece a viguesa Vanesa Veiga, quen no ano 2011 lograría en Castellón o título nacional, malia que tomando parte con outra Federación.

Xa por último, o éxito máis recente de todos, correspondería ó santigués Pedro Nimo quen se proclamaría campión de España na cidade de Donostia no ano 2014.

Relación Inscritos 2019

Compartir: