Reserva de xantar no Pavillón de O Aguillón, ao carón do circuíto, ata o xoves, 23 de xaneiro de 2020 no teléfono 670 212 957 (Berto)

Récord de España Máster para Ana Abuín

Esta fin de semana durante o trancurso do X Torneo de Péntatlon de Lanzamentos desenvolto nas pistas do CGTD de Pontevedra, a atleta do Clube A Silva Ana María Abuín, establecería no concurso de martelo pesado (5.45 kg.) un lanzamento de 11.02 m. (11.02/10.18/10.70) o que representa un novo récord de España da súa categoría que mellorar os 10.47 m. que tiña a lanzadora Teresa Liras.

Con este rexistro, a máster de Ribadumia suma outro récord de España máis que engadir ó seu palmarés logo de que no ano 2016 conseguira nesta mesma modalidade, pero na categoría W55, un lanzamento de 10.79 m. co martelo de 9.08 kg.

Resultados

Compartir: