Importantes resultados en Xixón e Logroño

Interesante fin de semana o vivido polos Sub16 e polos máster nos seus distintos campionatos que terían en Xixón e Logroño as súas sedes.

Para comezar e como xa adiantamos, os clubs dos Ourense Atletismo, Millaraio e A.V.A, desprazáronse para tomar parte o sábado no Campionato de España B1 por clubs Sub16.

No encontro heptagonal disputado xunto a equipos de asturianas, leonesas, vascas e navarras destacaron os triunfos por parte do Ourense Atletismo das súas atletas Carmen de la Fuente nos 300 valos con 49.29, Carolina Santos nos 1.500 obstáculos con 5:31.65, Blanca Pereira en Martelo con 45.65 e o cuarteto de relevistas dos 4×100 quenes se imporían con 53.11

O conxunto vigués do AVA acadaría o triunfo na proba dos 3.000 m. de mans da súa atleta Aldara Fonseca con 11:12.84, sendo o Millarario quen lograría a victoria no concurso de triplo a través de Alba Cuns quen saltaba ata os 11.82 m.

Por equipos o primeiro lugar desta fase B1 correspondería ó equipo do Universidade de León con 11.821 puntos sendo o cuarto lugar para o Ourense Atletismo con 11.142 p., quinto lugar para as santiaguesas do Millaraio con 10.560 p. e sexto posto para o A.V.A. con 9.816 p.

  • Destacado papel das e dos máster

O domingo a capital rioxana de Logroño daba acollida a proba correspondente ó Campionato de España máster de maratón con presencia de atletas galegos e galegas.

O máis salientable desta importante cita, sería o título de campión de España acadado por José Benito Gómez do Ourense Atletismo quen na categoría dos M60 establecería un rexistro de 2h.59.02 que representa o logro máis importante deste atleta logo da súa prata en Sevilla do 2016 e o bronce de Palma de Mallorca no 2017.

Si esto acontecía na categoría masculina, na feminina a independiente Inmaculada Cortón cun tempo oficial de 3h.20.19 subía por vez primeira a un podio nacional proclamándose campioa de España da categoría W45.

Outros dos atletas que estarían na zona de podios foi o tamén atleta independiente Carlos Lorenzo na M35 cun rexistro de 2h.32:43 quen lograba a medalla de bronce.

O resto de galegos e galegas participantes acadarían importantes e destacados postos de finalistas:

  • Máster 55: 4º Jose Jardón do Comesaña S.C. con 3h.20:54
  • Máster 45: 5º Ricardo Vázquez do ADAS Proinor con 2h.41.56
  • Máster 50: 5º Santiago Vázquez do Riazor Coruña con 2h.45.52
  • Master 55: José Manuel Fernández do Verxel Nutrición (abandona)

Resultados Campionato de España Sub16 por clubs

Resultados do Campionato de España máster de marathon

Compartir: