Resultados

Perfílase a VIII Liga ABANCA de inverno

A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA de menores para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas, e unha final por equipos en datas e sedes aínda por determinar.

Esta proba que se achega xa a súa oitava edición, representa o campionato máis numeroso de pista cuberta de todos cantos se celebran convertindo cada unha das fases en auténticos acontecementos deportivos e onde a deportividade, a competición e o lecer,  mistúranse por iguais.

Como novidade con respecto ás edicións anteriores, adoptáronse algunas variacións para facilitar a participación dun maior número de asistentes, entre elas está a de non limitar o número de atletas de cada club nas xornadas clasificatorias, posibilitando que todos/as os/as atletas galegos/as destas categorías teñan a oportunidade de competir dende o principio de tempada. Outra non menos importante é o aumento do número total de xornadas clasificatorias en proporción a cantidade de participantes de cada zoa.

Inscricións

Poderán participar todos os clubs con atletas con licenza federada que confirmen a súa participación á dirección técnica da FGA antes das 20:00 do día 8 de outubro.

Compartir: