Resultados

O Corresán celebrou a súa Gala

No día de onte acontecería a celebración dunha nova gala de premiación correspondente a edición do Corresan 2018 que daría comezo cun minuto de silenzo en repulsa polo crime machista cometido no Concello de Valga, así como pola memoria do recentemente falecido xuiz árbitro Francisco Guijarro

Nun salón de actos do Edificio Cersia de San Lázaro repleto de asistentes, iríase desenvolvendo a partir das 20.00 horas a entrega das distintas premiacións que contarían co “debut” nesta premiación da Concelleira de Deportes Esther Pedrosa. Xunto ela estarían entre outros, o Presidente da FGA Isidoro Hornillos e do Delegado da FGA en Santiago, Iván San Martín.

A data de celebración coincidiría practicamente  co comezo dunha nova edicón do Corresán que arrincará esta fin de semana ca disputa da primeira das carreiras pertencentes ó circuito formado por catro probas, que non é outra que a Nocturna Cidade Vella

As/os gañadoras/es, nas categorías federadas serían as/os seguintes atletas:

  • Categoría Absoluta: Esther Rodríguez (C.D.Rioja) e Nuno Costa (Tambre B.R)
  • Categoría Senior: Ana Fiestas (C.A.Santiago) e Cristian Muiño (C.A. O Pino)
  • Categoría Sub23: Mercedes Baltar e Borja Castro (C.A.Santiago)
  • Categoría Sub20: María Pérez (Comesaña S.C.)
  • Categoría Sub18: Carolina Rivadulla ( C.A.Estrada) e Diego Alonso (C.A.Santiago)
  • Máster A: María Tarrio (Noitebra) e Nemesio López ( C.A.Fontes do Sar)
  • Máster B: Isabel García (C.A.Fontes do Sar) e José Carlos Buján (Noitebra)
  • Máster C: Mari Carmen Rodríguez (Corregaleras) e Juan Carlos Fernández (Noitebra)

Relación completa de premiados

 

Compartir: