Once medallas e un récord galego absoluto nos nacionais de aire libre

Un total de once medallas (dous de ouro, cinco de prata e catro de bronce) e un récord galego absoluto, foi o balance dos atletas gelagos e galegas que tomarían parte nesta fin de semana no Campionato de España absoluto que acontecería na provincia alacantina de La Nucía.

Comezamos a falar dos nosos/as representantes polo sector da velocidade, onde novamente Mauro Triana logaría a sétima medalla absoluta no seu palmarés, nunha tempada na que acudiu a Copa de Europa e a Diamond League e remataría con este bronce nos 200 m. con 21.26

Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural Galega tomaría parte tanto nos 100 m. onde foi con 12.46 décimo segunda das semifinais, como nos 200 m. logrando clasificarse por tempos para as semifinais con 25.77 e acadando o sexto lugar na mesma con 25.58. De igual modo a representante da Gimnástica Xiana González establecería 26.03 nos 200 m. que lle darían a sexta praza da súa semifinal.

Nos 400 m. Pedro Juncal do R.C.Celta acadaría o seu segundo mellor rexistro do ano con 48.14  entrando de quinto na súa proba

Nos 800 m. Adrián Ben que viña ca espiña cravada do último Meeting de Madrid onde as cousas non sairon como agardaba, lograría un excelente resultado nos 800 m. ca consecución do subcampionato de España logo de conseguir un rexistro de 1:47.28 nunha proba na que estivo na loita polo título. Doha garda ó lucense.

Nesta mesma proba excelente comportamento tanto do atleta do Narón David de la Fuente quen melloraría súa MMP baixando da barreira dos “cincuenta” con 1:49.98 como de Fernando Vales do C.A. Santiago, quen faría o  propio con 1:50.56 rematando nos postos quinto e sexto nas súa semifinal.

Na categoría feminina da  mesma distancia, non tería fortuna Raquel Meaños quen  na súa proba entrou de quinta con 2:10.94  o que a impediu estar na final

Nos 1.500 lograríase outra medalla da man da mundialista Solange Pereira quen nunha proba onde non daría ningún tipo de opción a gañadora Esther Guerreo, a de Cangas aferraríase ó terceiro lugar cun rexistro de 4:20.73 rematando a tempada cun formidable podio no nacional absoluto.

Na mesma distancia, o celeste Gonzalo Basconcelo entrou de sexto na primeira serie semifinal con 3:56.83, algo alonxado dos seus 3:50.37 cos que se achegaba.

Esther Navarrete e Tariku Novales foron os nosos representantes nos 5.000. A viguesa quen fora internacional este ano na Copa de Europa dos 10.000 m. defendeu o  subcampionato do ano pasado, refrendando da mesma maneira a segunda mellor marca das participantes que a levarían a acadar un novo subcampionato nacional con 16:03.75

O internacional Tariku Novales pola contra, non tivo o seu día na proba dos 5.000 m. onde remataría mancado nun pe na décimo segunda posición con 14:39.95

Nos valos presencia do campión galego Miguel Pérez do Lucus quen con 15.74 remataría no sétimo lugar na semifinal da proba gañada polo medallista olímpico Orlando Ortega con 13.71. Antía Martínez do Ria Ferrol, de igual modo remataría no quinto posto con 14.88

Nos 400 valos María Pajarron do Riazor Coruña quen se achegaba cun rexisto de 1:02.63 non contou con boas sensacións o que a obrigou a coruñesa a abandoar a proba.

No concursos de lanzamentos quinto lugar para Carlos Revuelta con 60.81 m. (59.10/60.11/60.81/59.86/59.96/58.83) en martelo e décimo primeiro lugar para un mermado Manuel Uriz quen malia elo quixo estar presente nesta edición onde lanzaría no concurso de xavelina ata os 62.62 m. (62.62/62.16/-).

Non abandonamos esta última proba na que Galicia sempre foi referente, xa que Carmen Sánchez  lanzaría ata os 53.78 m. nun excelente concurso onde melloraría a súa MMP por 78 cm. acadando un formidable subcampionato nacional que representa o mellor resultado individual logrado ata o momento por esta asturiana afincada na Coruña dende fai varios anos.

Andrea González da Gimnástica lanzaría o artefacto ata os 45.56 m. que lle deron a sexta posición sendo o oitavo lugar para a catro veces olímpica Felicia Tilea con 40.31 m.

Importante medalla conseguida pola mundialista Belén Toimil logo dun ano moi complicado polas lesións. A formidable lanzadora lograría a súa MMT con 16.77 m . (15.98/15.54/15.80/X/X/16.77) no seu último lanzamento de peso onde amosaría toda a súa calidade e forza que sirvirían para sumar un novo subcampionato nacional con sabor a ouro.

Non menos importante foi a prata do pentaolímpico Frank Casañas quen tomando parte ca quinta mellor marca dos participantes,  fixo alarde da súa veteranía e calidade para ceder tan só ante Lois Maikel Martínez (58.31 m.) O remate e tan só con dous lanzamentos, servirían ó pontevedrés para conquistar a prata con 57.74 m. (56.76/X/X/57.74/X/X)

A talentosa lanzadora Sub18 Irene Gómez do A.F. Celta colaríase na final de martelo logrando o oitavo posto con 53.42 m.

En altura, a favorita ó titulo non defraudaría. A monfortina Sub23 Saleta Fernández, quen xa o pasado mes de xuño en Tarragona logrou a súa MMP con 1.87 m. cumpliría todos os pronósticos sumando o seu primeiro títitulo de campioa nacional. O seu rexistro de 1.90 m. supón ademáis rachar a mítica barreira da proba, situandoa na élite internacional. Este rexistro represente de igual modo un novo récord galego Sub23 e absoluto.

No foso de área a indiscutible dominadora do triplo non faltaría a súa cita co títitulo. Ana Peleteiro controlaría o concurso cun salto de 14.20 m. (14.10/14.20/13.92/-/-/13.38) quitando vinte centímetros a Patricia Serrapia e confirmando as súas opcións cara o mundial de Doha.

Na lonxitude, excelentes os nosos representantes os cales subirían en ambas categorías ó podio. Leticia Gil (X/X/5.96/X/X/6.03) xa instalada definitivamente na elite nacional lograría un bronce pese a efectuar tan só dous saltos válidos tendo que agardar ata o último para chegar ós 6.03 m. que lle darían o metal.

Na categoría masculina de novo un competitivo Jean Marie Okutu chegaría ata os 7.55 m. (X/7.39/7.55/7.41/77.33/X) que lle serviron por tan só un centímetro para estar no podio por décima primeira vez consecutiva nuns absolutos onde o seu palmarés é abraiante (campión nos anos 2009, 2011, 2013, 2016, 2017 e 2018; subcampión nos anos 2012, 2014 e 2015 e bronce no 2010 e neste último do 2019)

Na marcha Mar Chillón do A.F. Celta tomaría parte nos 10.000 m. establecendo un rexistro de 53:31.97 que a servirían para ser finalista da proba.

Os nosos dous máis importantes especialistas nas combinadas tamén estarían presentes en Alacante. Adolfo Saínz Maza do R.C. Celta acumularía unha puntuación total de 6.552 puntos destacando tanto na pértega con 4.50 m. como nos 110 valos con 15.62. Pola súa banda a tamén céltica Alicia Merino remataría na sexta posisión con 4.765 puntos nun salientable campionato onde conseguría MMP tanto nos 200 m. con 26.30 como nos 800 m.con 2:30.93.

Por último nos relevos o equipo feminino do RIA Ferrol (P.Fernández/L.Alonso/I.Bonafonte/A.Tur) entraría no quinto lugar con 3:56.59, correspondendo a sexta posición con 3:15.05 para o equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra (E.Gallardo/I.Sarmiento/B.Djellal/R.Tello) con 3:15.05

Resultados

Compartir: