Sabor galego en Polonia

No día de hoxe dará comezo na localidade polaca de Bydgoscz o Campionato de Europa de Federacións na que  Española acude cun equipo cuxo obxetivo será o de estar na loita por un dos seis primeiros postos que garanten a continuidade neste grupo da elite continental. Pare elo teranse que medir ás importantes seleccións de República Checa, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Suiza, Suecia, Ucrania, Gran Bretaña e a organizadora Polonia.

A Asociación Europea decidiu volver ó antigo formato de 8 equipos na máxima categoría continental para a edición de 2020 en Minsk (Bielorrusia). Por iso é polo que no torneo de tres días de Polonia baixen cinco e só suba un desde a primeira división.

Entre os atletas convocados para o combinado español que despraza a 49 atletas e a catro reservas, destacan a presenza de cinco atletas galegas/os. Para comezar nos saltos figuran os nomes de Ana Peleteiro en triplo e de Saleta Fernández en altura, dominadoras do ránking nacional das súas especialidades neste ano con 14.47 m. e con 1.87 m. respectivamente. Outra das galegas que encabeza o ránking de maneira autoritaria é Solange Pereira nos 3.000 onde ten acreditados 9:11.24 preto de cinco segundos menos que a segunda clasificada no ránking, a burgalesa Celia Antón.

Mauro Triana está a converterse noutro dos asiduos á selección nacional nos relevos curtos. O seu acople co resto de relevistas e os seus 10.58 como MMT obran ó seu favor.

Por último outra das grandes sensacións da tempada do medio fondo, Adrián Ben, estará tomando parte no encontro en Polonia en calidade de reserva.

Alemaña defende título tras a súa victoria de 2017 en Lille (Francia), onde España obtivo co quinto posto o seu mellor resultado dende 2009 onde a compitición pasaría a disputarse de maneira conxunta en ambas categorías.

Compartir: