Éxito de público en “Saltar na praia”

Un ano máis desenvolveríase a exitosa experiencia de “Saltar na Praia” no Concello de Sada, iniciativa que ten como finalidade a promoción e o espectáculo aproveitando os espazos públicos.

Nesta edición, contouse cunha grandísima acollida por parte dos numerosos curiosos que ata o areal da Perla das Mariñas se achegaron para presenciar e vivir en primeira persoa esta modalidade do noso deporte.

Ademáis do expectáculo, existiron sesións de inición ós saltos para todas cantas persoas quixeron tomar parte.

A seguinte cita será en Pontevedra os días 23 e 24 de agosto na praza da Ferrería, onde terá continuidade esta experiencia con  “Saltar na Rúa”.

Compartir: